Escola infantil

Chiquis

Quen somos

Unha escola que está dirixida a nenos/as de 0 a 3 anos e que quere contribuír ó desenvolvemento afectivo, social, físico e psíquico dos nenos/as, creando as contornas axeitadas que lles permitan medrar de forma harmónica; un espazo onde os nenos/as se sintan respectados e queridos en todo momento.

Somos un lugar de intercambio relacional entre nenos/as e adultos, no que as aprendizaxes se basean en experiencias reais, razón pola que é importante crear un espazo tranquilo, luminoso, agradable, respectuoso cos ritmos dos nenos/as nos que estes se sintan seguros e cómodos para explorar, xogar, expresar…para ser participantes activos nos seus procesos de aprendizaxe.

Somos unha escola viva, dinámica, alegre, familiar, creativa e comprometida, un lugar de aprendizaxe, cun equipo profesional da primeira infancia. Unha escola na que se respectan os tempos naturais e os procesos individuais dos nenos/as e na que valoramos tanto o proceso de aprendizaxe como os seus resultados.

Equipo

Somos un equipo de profesionais con experiencia e comprometidos nunha educación integral onde o neno e a nena son os protagonistas.

Somos unha pequena familia onde o agarimo é a nosa prioridade.

Creamos unha contorna de confianza, afecto e seguridade no que poidan desenvolver de forma integral todas as súas capacidades.